Guía del residente
Bienvenida del Director Operativo
Como director operativo do Complexo Hospitalario de Vigo, douvos a
benvida no meu nome e no de todos os seus traballadores.
Esta guía pretende ser una axuda para coñecer mellor a estrutura e o
funcionamento do complexo e unha orientación que vos facilite a mellor
utilización dos seus recursos.
Ides iniciar unha etapa extraordinariamente interesante e enriquecedora
na vosa vida que, en boa medida condicionará e definirá o voso futuro, non só desde o punto de vista profesional senón tamén humano e aproveito este espazo para animarvos a que lle saquedes todo o aproveitamento que poidades a estes próximos anos, que serán irrepetibles.
O progreso científico e tecnolóxico que caracteriza a sociedade na que
vivimos, e en gran medida os cambios culturais, reflíctense tamén na sanidade.
Os cambios son moi rápidos, toda a organización ten que adaptarse para
cumprir o seu obxectivo de prestar una asistencia sanitaria de calidade e
eficiente.
As referencias e tutelas vanse ir esvaecendo e, cada vez máis, ides ter
que tomar decisións por vos mesmos pero nese proceso ides contar con
magníficos profesionais e compañeiros que o farán máis sinxelo.
En todo caso, non perdades nunca a perspectiva de que a actividade
médica ten que centrarse sempre, e antes que nada, no paciente, que constitúe o eixe do sistema sanitario.
Desexarvos que a vosa estancia neste hospital cumpra as expectativas
que hoxe traedes e dicirvos que estamos á vosa disposición.
Un saúdo
Julio García Comesaña
Director operativo