Garantía de prazos

O Sistema Público de Saúde de Galicia garante que determinadas prestacións sanitarias, financiadas publicamente, e de carácter non urxente serán dispensadas nuns prazos previamente establecido e coñecidos.
Estas garantías recóllense nunha norma que establece que en intervencións cirúrxicas:

  • a atención sanitaria terá lugar nun prazo máximo de 180 días naturais desde a inscrición do doente no rexistro da lista de espera.
  • transcorridos 140 días desde a data de inclusión no Rexistro de Tempos de Garantía o usuario pode optar por continuar na lista de espera do centro ou solicitar a atención sanitaria en calquera outro que dispoña de acreditación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Existen excepcións na garantía:

A extracción e transplante de órganos e tecidos.

  • As asistencias sanitarias diferentes da programada no Rexistro de Tempos de Garantía para a Atención Sanitaria Non Urxente.
  • Os supostos nos que o paciente, agás que acredite a existencia dunha causa xustificada, unha vez requirido para a realización da asistencia, non se presentase á citación, se negase ou a pospoña, e tamén aqueles nos que rexeite a oferta de asistencia noutro centro sanitario da Rede Galega Sanitaria de Utilización Pública.
  • A Consellería de Sanidade mantén un rexistro actualizado de pacientes que desexan facer efectivo este dereito, integrado co sistema de xestión de listas de espera de cada centro hospitalario.

Máis información

Servizo Galego de Saúde. www.sergas.es