Ética
O Complexo Hospitalario dispón dun Comité de Ética asistencial cos seguintes obxectivos e funcións:
Obxectivos do Comité de Ética
- Proposta da documentación necesaria para garantir os dereitos dos pacientes desde o punto de vista ético
- Establecemento dun código ético nos hospitais do complexo
- Protocolos de actuación para o manexo de situacións que presenten problemas éticos graves
- Procedemento de asesoría urxente en situacións clínicas que o precisen
Funcións do Comité de Ética
- Protexer os dereitos dos pacientes.
- Analizar, asesorar e facilitar o proceso de decisión clínica nas situacións que plantexan conflitos éticos entre os seus intervintes, o persoal sanitario, os pacientes ou usuarios, os achegados ou representantes legais dos pacientes cando estes son ou deveñen incompetentes, e as institucións.
- Colaborar na formación en bioética dos profesionais do hospital e da área de saúde, e moi en particular na dos membros do Comité.
- Propoñer á institución recomendacións de actuación para as situacións en que xurdan conflitos éticos que se presentan de maneira reiterada. As funcións do Comité son completamente independentes das competencias que en asuntos de ética e/ou deontoloxía correspondan aos respectivos colexios profesionais dos seus membros.