Guía de urxencias

 

Benvido/a ao Servizo de Urxencias, agadecémoslle a súa colaboración cos profesionais que imos atender a súa doenza.

O tempo de permanencia no servizo ten unha duración variable dependendo das exploracións que sexan necesarias, así como da afluencia de persoas.

 

Se vostede ten unha doenza que non sexa unha urxencia vital:

  • Acuda ao seu médico de cabeceira
  • Consulte os médicos do 061. Soamente eles poden orientalo/a sobre o seu problema e decidir se debe acudir ao servizo de urxencias hospitalarias

As ASISTENCIAS PEDIÁTRICA E OBSTÉTRICA
URXENTES só se atenden no Hospital Xeral

Lembre

  • Non permaneza nos corredores.
  • A intimidade é un dereito de todos e de todas.
    SALVAGARDALA É A NOSA OBRIGA AXÚDENOS

  • Non deixe os seus obxectos persoais fóra do seu
    alcance; no servizo facilitaranlle unha bolsa para
    que os garde.
    Se pode, déallos ao seu acompañante.