Para a muller embarazada

Para a muller embarazada

Esta guía pretende informarte, en liñas xerais, de como se realiza o seguimento e control do embarazo normal na nosa área de saúde.

Ante todo, non debes esquecer que o embarazo é un acontecemento saudable, unha opción que libremente podes elixir e da que ti es a principal responsable.

Polo tanto, non o vivas como unha enfermidade, gózao.
Probablemente che xurdirán dúbidas sobre o proceso natural que estás a vivir, e é o persoal sanitario quen mellor pode resolvelas.

Aínda que os controis supoñan algunhas probas, análises, etc., son exploracións que se realizan para supervisar a boa marcha do embarazo e así poder detectar algún problema, se o houber, e intentar soluciónalo.