Información, Seguridade, Calidade
Información
O Sistema Público de Saúde de Galicia desenvolve diferentes iniciativas para achegarlle información avaliada e contrastada cientificamente sobre hábitos de vida saudables e actuación que detectan de forma precoz certas enfermidades.
No caso de presentar un problema de saúde, os profesionais sanitarios aportaranlle información que lle permita deliberar sobre as alternativas que lle ofrezan e participar, así, na súa cura.
Para saber máis
Seguridade
Garantir a seguridade do paciente esixe contar con información adecuada, persoal debidamente formado e sistemas de detección sobre os posibles efectos adversos.
Os hospitais da rede pública garanten a seguridade do paciente a través de iniciativas, tales como a implantación de protocolos clínicos vinculados á atención médica e de enfermaría. En canto aos programas de detección de incidencias e formación, os máis destacados son:
- Estudo a nivel nacional sobre a incidencia de infeccións nosocomiais nos hospitais da rede pública.
- Fármaco vixilancia ou seguimento dos posibles efectos adversos dos medicamentos ou produtos sanitarios. A Lei Xeral establece a obrigatoriedade de que os importadores, fabricantes e profesionais os comuniquen cando deles poida derivarse un perigo para a vida ou saúde dos pacientes. A coordinación da recollida de datos realízase a través da Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, organismo adscrito ao Ministerio de Sanidade Consumo.
- Estudos da mortalidade evitable nos hospitais da rede pública e Estatísticas de mortalidade innecesariamente prematura e evitable mediante medidas sanitarias.
- Programas de garantía de calidade en protección radiolóxica de pacientes sometidos a unha técnica diagnóstica ou intervencionista que utilice as radiacións ionizantes.
- Subsistemas de información relacionados coa seguridade de pacientes.
- Programas de formación continuada do persoal dos centros sanitarios relacionados coa seguridade dos pacientes.
Para saber máis
Calidade
O sistema traballa para que a cidadanía acceda de forma rápida e apropiada a calquera servizo sanitario, co fin de obter os mellores resultados en saúde posibles e conseguir que a súa satisfacción sexa cada vez maior.
Por iso, as estratexias do Sistema Público de Saúde de Galicia van encamiñadas, non só a garantir un elevado número de prestacións, se non a optimizar de forma continua o servizo, incorporando as mellores prácticas clínicas ao servizo e organizando a atención en torno as necesidades dos pacientes.
- Guías Clínicas
- Enquisas de satisfacción
- Sistemas de xestión de calidade
- Comisións e Comités
Para saber máis