Reintegro de gastos
Ortopróteses
Ver página de Prestacións ortoprotésicas 
Desprazamentos
Documentación que hai que presentar para o reintegro de gastos
- Billetes do medio de transporte no que se realizou o desprazamento ou facturas orixinais, debendo figurar nas mesmas o código e importe ademáis do selo, sinatura, número de orden e NIF/CIF
- Informe médico indicando diagnóstico e data na que se realizou a prestación sanitaria
- Xustificante do centro sinalando o número de días nos que se realizou a prestación sanitaria
Casos especiais
Desprazamento en coche propio.
Desprazamento en taxi e coche de liña por non existir medio de transporte ordinario na súa parroquia.
Solicitude de acompañante para perceptores de 14 anos e máis.
Solicitude de acompañante para perceptores de menos de 14 anos.
- Matrícula
- Certificado da empresa de transporte que indique o prezo do billete do recorrido obxecto do reintegro
- Certificado do concello indicando ó número de quilómetros
- Certificado do concello indicando que non existe medio de transporte ordinario na súa parroquia
- Informe médico que xustifique a súa necesidade
- Modelo P1 da cartilla da seguridade social
Produtos farmacéuticos
Documentación que hai que presentar para o reintegro de gastos
- Fotocopia do informe médico do especialista onde debe consta-la medicación prescrita, doses e duración prevista do tratamento
- Receitas oficiais para medicamentos non dispensables con cargo á seguridade social
- Follas de instrucción para o paciente (parte da receita coa que se queda o enfermo) no caso de reintegro da aportación abonada
- Facturas orixinais, debendo figurar nestas o produto dispensado, código e importe ademais do selo, sinatura, número de orde e NIF/CIF
Asistencia Sanitaria
Documentación que hai que presentar para o reintegro de gastos
- Exposición de feitos e circunstancias que motivan a reclamación
- Fotocopias compulsadas dos informes dos médicos da medicina privada
- Notificación á dirección provincial do Servizo Galego de Saúde, nun prazo de 72 horas, do feito de recibir asistencia sanitaria nun centro alleo á rede do sistema nacional de saúde
- Facturas orixinais, debendo figurar nestas o produto dispensado, código e importe ademais do selo, sinatura, número de orde e NIF/CIF
Casos especiais
Terceiros implicados.