Tarxeta Sanitaria

Tarxeta Sanitaria é un sistema de información tanto da cidadanía como de recursos sanitarios. É o sistema de referencia para a Consellería de Sanidade e para o Sergas.

Solicitude

Modificación datos

Consultas

Utilice a súa clave identificativa para coñecer o estado do seu trámite

Información Xeral

Tarxeta Sanitaria é un sistema de información tanto da cidadanía como de recursos sanitarios. É o sistema de referencia para a Consellería de Sanidade e para o Sergas.

Teléfono de información á cidadanía

Para calquera dúbida pode chamar ao teléfono de atención á cidadanía 981569540, de luns a venres en horario de 8 a 22 horas

Que é a tarxeta sanitaria?

É o documento que o identifica e acredita no Sistema Público de Saúde de Galicia, é individual, todas as persoas: adultos e nenos teñen a súa tarxeta.

Onde usala?

A tarxeta debe levala cando acuda a calquera centro sanitario do Servizo Galego de Saúde e a farmacia para mercar os medicamentos, xunto coa receita do Servicio Galego de Saúde.

Quen a pode solicitar?

Calquera persoa empadroada en Galicia

Onde solicitala?

No centro de saúde máis próximo ao seu domicilio, ou a través de Internet na páxina www.sergas.es

Documentación necesaria

Titulares da Seguridade Social (traballadores e pensionistas): Documento identificativo, certificado/volante de empadroamento, cartilla da Seguridade Social. En caso de beneficiarios menores de idade deben presentar o libro de familia, e nos beneficiarios maiores de idade un documento identificativo e o certificad/volante de empadroamento.

Personas sen recursos económicos suficientes: Documento identificativo, certificado/volante de empadroamento ou tarxeta censual, declaración de imposto sobre a renda ou certificación negativa da Axencia Tributaria conforme non ten obriga de facela, certificado de convivencia.

Recomendacións para a súa conservación

Non se debe dobrar, raiar, poñela en contacto con imáns, nin colocala sobre aparatos conectados a corrente eléctrica.

A caducidade da tarxeta

A súa tarxeta caduca, nela figura a data de caducidade, uns meses antes de que lle caduque enviarémoslle a nova ao seu domicilio. Se cambiou de domicilio nos últimos anos comuníqueo a través de Internet na páxina www.sergas.es, no seu centro de saúde ou chamando ao teléfono de atención á cidadanía, 981569540.

Que facer se non lle chega a tarxeta

Se a súa tarxeta caducou e non recibiu unha nova, debe poñerse en contacto co seu centro de saúde ou co teléfono de atención á cidadanía 981569540, onde consultaremos o estado da súa tarxeta e lle informaremos.

Se a solicitou por primeira vez ou a solicitou por perda e pasados tres meses non a recibiu, pregunte no seu centro de saúde ou no teléfono de atención a cidadanía.