Xestión de medicamentos
Xestión de Medicamentos estranxeiros
Tramitación das prescricións de medicamentos estranxeiros para pacientes en tratamento ambulatorio ao Ministerio de Sanidade e Consumo a través da División de Farmacia e Produtos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde.
Requisitos/Documentación necesaria
- Receita médica oficial
- Informe do médico prescritor xustificando a necesidade terapéutica
- Datos do paciente
Onde acudir
Delegación Provincial da Consellería de Sanidade
Edificio administrativo da Xunta de Galicia
Rúa Concepción Arenal, nº 8 Torre 2ª planta
36202 Vigo
Teléfono: 986 817 240
Solicitudes
A primeria vez:
O médico prescritor cumprimentará:
Informe médico
Modelo A-2 (informe xustificativo da necesidade terapéutica)
Modelo A-3 (datos do paciente).
Receitas
Continuación tratamento:
Os pacientes presentarán a documentación na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade onde se lle entregará a súa medicación cando a envíe ó Ministerio, presentando a súa tarxeta sanitaria.
Control de estupefacientes
Procedemento
- Recepción e control de receitas de estupefacientes dispensadas polas oficinas de farmacia
- Control da dispensación de estupefacientes nos servizos de farmacia dos centros hospitalarios e das estruturas de atención primaria
- Asesoramento en materia de estupefacientes a persoal sanitario e a pacientes interesados na materia
Onde acudir
- Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881 541 893
Fax: 881 541 804
- Delegación Provincial da Consellería de Sanidade
Avda. de Fernández Ladreda, nº 43 - Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra - 2º andar
- Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo
Concepción Arenal nº 8 Torre, 2º andar. Teléfono 986 817 240
Máis información
Sitio web do Sergas