Normas de réxime interno relativas ás prácticas clínicas

  • Para superar as asignaturas nas que formen parte as prácticas clínicas é obrigatorio o cumprimento destas na súa totalidade.
  • Se o alumn@, por calquera motivo, non asistise, deberá recuperalas ata completar as horas sinaladas en cada materia seguindo estas pautas:
    • No caso de falta de 1 a 3 días poderase recuperar durante o período normal de desenvolvemento de prácticas de decembro a maio.
    • No caso de que o alumn@ faltase 4 ou máis días deberá recuperalos no mes de xuño. 
    • O horario será o habitual, é dicir, de 8 a 13 horas, agás en determinados servizos que se pode prolongar ata as 15 h. 
  • No caso de aprobar as prácticas e non así o resto da asignatura, a nota conservarase ata a convocatoria de decembro do curso académico seguinte. 

Para superar a asignatura será necesario aprobar todas as súas partes; entre elas as prácticas clínicas, posto que son parte integrande da asignatura. 

  • Serán de obrigado cumprimento as normas sobre hixiene e indumentaria establecidas pola Escola, que son as determinadas a continuación: 
    • O cabelo deberá recollerse no servizo e mentres se estea de uniforme. 
      • As unllas curtas, sen esmalte
      • Pendentes e aneis non aparatosos
      • Non se levarán obxectos adheridos ou incrustado na cara mediane perforación. 
    • O uniforme estará composto de pixama completo, chaqueta de tea (esta prenda é optativa), e calzado branco. Estará en boas condicións de hixiene. 
    • Os  alumnos deberán levar a tarxeta de identificación en lugar visible. 

  • Calquera incidencia que se presente no desenvolvemento da actividade práctica deberá poñerse en coñecemento do profesor/a responsable das prácticas, e na súa ausencia, ao supervisor/a ou enfermer@ responsable do servizo.
  • É obrigatoria a garda do segredo profesional, considerándose falta moi grave o seu incumprimento. 
  • Deberán cumprirse as normas de asepsia establecidas na realizaicón das distintas actividades de enfermaría.
  • O trato cos pacientes, equipo sanitario e familiares deberá manterse dentro das normas de respecto e cortesía necesarias para a convivencia.
  • Material recomendado para prácticas:
    • Bloc para notas
    • Tesoiras
    • Estetoscopio
    • Bolígrafo de cores
    • Reloxo con segundero
    • Compresor
  • Se de forma reiterada (máis de dous veces) se incumpren o punto 4 ou 5, poderá dar lugar a falta grave.
    Considérase falta grave o incumprimento dos puntos  6, 7 e 8.
    A falta grave pode levar consigo, dependendo das circunstancias, o suspenso das prácticas. A valoración en cada caso da gravidade desta levarase a cabo por unha comisión composta para tal efecto por:
    • Un membro da Dirección da Escola
    • O/a profesor/a da asignatura
    • O alumn@ delegado do curso ao que pertenenza o que incorreu na falta

Os membros da comisión deberán oír ao alumn@ antes de tomar a correspondente decisión, sendo válida a adoptada pola maioría. No caso de ser o alumn@ delegado o que incorreu na falta, será o alumn@ subdelegado o que forme parte da comisión. A resolución da comisión será elevada á Xunta de Escola.