Admisión e Documentación clínica. Presentación
O servizo de Admisión e Documentación clínica aborda nestes momentos a difícil tarefa de homoxeneizar todos os procedementos de acceso da nosa poboación ao complexo hospitalario: citas, certificados, informes, transporte sanitario etc.
Porque a nosa poboación acode a un único complexo hospitalario cando vén a calquera dos seus centros, nós debemos darlle a mesma resposta e ofertarlle os mesmos servizos en todos eles.
Partindo da identificacion única a través da tarxeta sanitaria, o paciente xa non terá que trasladarse entre os centros, senón que a información camiñará pola rede, porque as novas tecnoloxías así o permiten.
Desde o SADC (Servizo de Admisión e documentación clínica) traballamos para darlle a mellor información posible e o trato máis adecuado e pedimos disculpas á poboación da nosa área, cando non alcancemos este obxectivo.