Control de xestión. Presentación
A Unidade de Control de Xestión está englobada dentro da categoría de Sistemas de Información Sanitaria, xa que se adica á recollida, procesamento, análise e transmisión da información requirida para a organización e funcionamento dos Servizos do Complexo, así como para os Órganos Directivos.
Tamén é unha valiosa ferramenta de apoio á investigación e a docencia na Institución. Cada Complexo organiza dentro da Unidade as Subunidades que a súa organización considere óptimas.
No noso Complexo existen dous conceptos dentro do mesmo Servizo: a Unidade de Control de Xestión e a Unidade de Codificación Diagnóstica.
Dentro do CHUVI, a Unidade está repartida por distintos Centros; así, existen dous departamentos de Control de Xestión (un no Hospital do Meixoeiro e outro no Hospital Xeral) e dous de Codificación (Meixoeiro e Rebullón)