Dermatoloxía. Presentación

O servizo de Dermatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, conta con 10 dermatólogos que atenden a máis de 30.000 pacientes ao ano nas súas consultas, realizando tamén máis dun millar de intervencións de cirurxía menor ambulatoria nos seus quirófanos do Policlínico Cíes.

Está situado no Centro de Especialidades de Coia, que tras a unificación dos profesionais do Hospital do Meixoeiro cos do Hospital Xeral-Cíes, remodelouse nas súas instalacións e dotado coa última tecnoloxía. Contamos cunha unidade de fototerapia con 2 cabinas de Corpo completo UVA  e UVB de banda ancha e estreita, PUVA local mans-pés, 2 salas de técnicas e curas que inclúen terapia fotodinámica, sistema dixital de mapeo de nevus (Mole-Max III), electrocoaguladores, apartados de criocirurxía, e a recente adqusición dun láser de CO2.

As melloras foron moitas, pero o servizo ambiciona chegar a ser un referente en Galicia con máis e mellores dotacións materiais e sobre todo de profesionais que proporcionen unha óptima atención á área máis dinámica da nosa comunidade.

 


 

Para contactar

Situación
C. Especialidades Coia
planta 2

Teléfono
986 816 000 Ext 264 531

Email
atencionusuario.chuvi
@sergas.es