Hospitalización a domicilio. Presentación
Ata hai uns anos cando unha persoa enfermaba podía atenderse de dúas formas:
- ambulatoriamente polos médicos de atención primaria que incluso poden visitala no seu domicilio no que se chama Atención Domiciliaria ADO ou
- polos médicos hospitalarios cando os coidados que precisaba o enfermo eran máis complexos e se necesitaba hospitalizalos.
Con idea de mellorar a atención dos enfermos e sabedores de que un paciente sempre que se poida, onde mellor se atopa é no seu domicilio, xurde unha alternativa ás dúas anteriores, a hospitalización a Domicilio HADO, como unha fórmula que petende ser unha ponte de unión entre Atención Primaria e o Hospital evitando o ingreso hospitalario do enfermo ao dispensarlle no seu domicilio as mesmas atencións que recibiría no hospital.
O ingreso en HADO ten que solicitalo o médico responsable do paciente, ben hospitalario ou de cabeceira, estar conforme o paciente e familia en ingresar en HADO, que exista un coidador principal e que os coidados que necesite se poidan dispensar coa mesma calidade que no hospital.