Pediatría. Presentación do Servizo

O Servizo de Pediatría sitúase no Hospital Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e ocupa toda a terceira planta.

O equipo do Servizo de Pediatría pertenceu ou pertence na actualidade a Sociedades de Pediatría rexionais, nacionais e internacionais e como membros Numerarios e/ou de Honor. 

Prestan asesoramento sanitario a nivel Autonómico e Nacional, pertencen a diversos comités e/ou comisións do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

O Servizo de Pediatría como tal participa na formación de alumnos da Facultade de Ciencias da Saúde con 43 créditos na Universidade de Vigo e son titores clínicos de alumnos.

Membros do Servizo de Pediatría participaron ou participan en 20 Proxectos de Investigación. Neste momento levan a cabo 6 Proxectos. Desde o Servizo de Peditría diríxense Teses de Licenciatura e Teses de Doutoramento.

As actividades científicas están reflectidas na memoria anual do Hospital como publicacións en revistas nacionais e internacionais, publicacións en capítulos de libros. Algúns membros pertencen á Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. Todos os membros pertencen á Sociedade Galega de Pediatría e á "Sociedad Española de Pediatría", "Sociedad Española de Neonatología, Nefrología, Endocrinología, Gastroenterología y Hepatología, Nutrición y Dietética y ECEM".

A área de atención Pediátrica do Hospital Xeral é de 70.000 nenos de 0-14 anos e 120.000 nenos na área cirúrxica.

Para contactar

Situación
Hospital Xeral
planta 3

Teléfono
986 816 000 Ext 216 305

Email
atencionusuario.chuvi
@sergas.es