Medicina física y Rehabilitación. Presentación

O Servizo de Medicina Física e Rehabilitación (MFR) do Complexo Hospitalario de Vigo está especializado na atención a persoas que presentan discapacidade secundaria doenza ou traumatismo.

Oferta asistencia a pacientes ingresados e a unha ampla variedade de patoloxías en réxime ambulatorio: amputados, ictus, parálise cerebral, dor crónica, secuelas ortopédicas e traumatolóxicas, e alteracións da linguaxe, fala e voz.

O Servizo de MFR está formado por un equipo de profesionais: médicos rehabilitadores, fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais, logopedas, auxiliares de clínica, celadores, e persoal administrativo que traballan de forma multidiciplinar.

Funcionalmente presta atención en todos os Centros Hospitalarios da área: Xeral, Meixoeiro e Nicolás Peña, e nos Centros de Saúde que dispoñen de salas de fisioterapia: A Cañiza, Tui, Redondela, Ponteareas, A Guarda, etc.

Dispoñen de unidades específicas como: linfedema, foniatria, infantil, osteoarticular, neurolóxicos e dor.

O obxectivo final do noso Servizo é acadar no paciente o máximo nivel funcional de independencia e intentar a reinserción socio-laboral

 
 

 

Para contactar

Situación
Hospital Meixoeiro
planta -1

Teléfono
986 811 111 Ext 211 463

Situación
Hospital Xeral
planta -3

Teléfono
986 816 000 Ext 264 802

Email
atencionusuairo.chuvi
@sergas.es