Humanización e Atención a Usuarios e Usuarias

O servizo de Humanización e Atención a Usuarios e Usuarias ten dependencia directa da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario, existindo unha estreita coordinación para conseguir o obxectivo común de mellora continua na atención aos usuarios e usuarias dos nosos Complexo Hospitalario Universitario.

O noso compromiso coas persoas é garantir os seus dereitos no ámbito sanitario nos diferentes centros que integran o Complexo Hospitalario, informar, orientar e axudar a pacientes, familiares, cidadáns e cidadás, que precisen dos nosos servizos, atención ou a realización de xestións que lles fagan máis fácil a súa estancia e contacto co noso medio hospitalario, xa sexa motivada por causa de ingreso hospitalario ou das súas necesidades en réxime ambulatorio nos nosos servizos.

Nas diferentes unidades xestionaremos as súas queixas, reclamacións ou felicitacións segundo o protocolo existente no Servizo Galego de Saúde.
Tramitaremos a súa solicitude de documentación clínica, segundo o protocolo existente.

Facilitámoslle información en relación aos seus dereitos e deberes, solicitude de segunda opinión médica, xestión de Instrucións Previas, tramitación de reintegros de gasto de menor contía ou aquelas xestións que precisen da nosa asesoría ou participación.

Ten ao dispor da unidade de traballo social: encargada de canalizar e xestionar os problemas sociais dos usuarios deste Complexo Hospitalario, derivados da atención no servizo de urxencias ou ben da estancia hospitalaria través dos recursos socio-sanitarios

 

Datos de contacto