Unidade de tuberculose de Vigo (UTB)
A unidade de tuberculose de Vigo é a responsable do rexistro da declaración de todos os casos de tuberculose diagnosticados na área sur da provincia de Pontevedra, así como, dos seus contactos (incluídos grupos laborais e escolares).
Ademais realiza tamén un labor asistencial no diagnóstico e control dos doentes e infectados, pertenzan ou non, ao sistema público de saúde, xa que o seu obxectivo específico é a prevención e control desta enfermidade.
Os doentes poden acudir por diferentes vías: derivados do seu médico de cabeceira, dos seus especialistas, a través do estudo de contactos, ou ben por cribados en grupos de risco.
O equipo asistencial de enfermaría xestiona os coidados dos doentes en todos os niveis de atención bio-psico-social, valorando as súas necesidades para establecer plans de coidados que permitan a consecución dos obxectivos propostos para o restablecemento e mellora da súa saúde.
Equipo de profesionais
- supervisora da unidade
- 3 enfermeiras/os
- 1 auxiliar de enfermaría
- 1 traballador social