Unidade Central de Esterilización H. Meixoeiro 

A unidade de esterilización é unha unidade de apoio no proceso asistencial, e provedora de servizos directamente relacionada coa actividade cirúrxica e o control da infección, a través dos procesos de recepción, lavado, esterilización e recepción do material cirúrxico.

Está avalada pola certificación de calidade aenor segundo a norma une-iso 9001:2000 na última revisión de novembro do 2008.

O equipo de enfermaría xestiona os  procesos para acadar unha atención de saúde  adecuada para os doentes  tendo en conta a seguridade e a mellora continua da calidade.

Equipo de profesionais

  • supervisora da unidade: mercedes varela leirado:
  • 1 enfermeira
  • 14 auxiliares de enfermaría

 

Situación
Hospital Meixoeiro
planta 0

Responsable
Mercedes Varela Leirado

Teléfono
986 811 111 Ext 211 490

Email
atencionusuario.chuvi
@sergas.es