Quirófanos H. Meixoeiro

Nesta área aténdense doentes que se van someter a unha intervención cirúrxica polos servizos de xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, cirurxía xeral, cirurxía plástica, cirurxía ortopédica e traumatolóxica, uroloxía, oftalmoloxía e ciruxía cardíaca.

Nesta unidade tamén se sitúa a área de cirurxía maior ambulatoria na que se realizan procedementos crirúxicos, que inclúen a atención pre e post operatoria, non superando as 14 horas de estancia no centro hospitalario. Consta coa estrutura necesaria para que sen saír da área cirúrxica, se poida prestar asistencia  adecuada a resolución das patoloxías tratadas polos servizos de oftalmoloxía, otorrinolaringoloxía,traumatoloxía, xinecoloxía, uroloxía, cirurxía xeral dixestivo. Ao finalizar o proceso o paciente dispón de informe de alta e cita para revisión deste. 

O equipo asistencial de enfermaría xestiona os  coidados dos doentes  en   todos os niveis de atención bio-psico-social, valorando as súas necesidades e realizando as actividades  necesarias para preservar a súa intimidade, e procurar a máxima seguridade durante todo o proceso; para acadar a consecución dos  obxectivos propostos de  restablecemento e mellora da súa saúde.

Equipo de profesionais

  • supervisora da  unidade: angeles fernandez aldao
  • 46 enfermeiras/os
  • 23 auxiliares de enfermaría

Dispón doutro persoal de apoio que realiza a súas funcións exclusivamante na área cirúrxica: celadores, persoal de limpeza.

 

Situación
Hospital Meixoeiro
planta 1 área cirúrxica

Responsable
Ángeles Fernández Aldao

Teléfono
986 811 111 Ext 211 681

Email
atencionusuario.chuvi
@sergas.es