Unidade de Hospital de Día Saúde Mental H. Nicolás Peña

Nesta  unidade aténdense doentes tratados  polo servizo de psiquiatría, e que non están hospitalizados pero que precisan de coidados de saúde mental diarios.

É un recurso asistencial como alternativa  á  hospitalización psiquiátrica.

O equipo asistencial de enfermaría xestiona os  coidados dos doentes  que acoden diariamente  procurándolles unha  atención psico-social, valorando as súas necesidades para establecer plans de coidados que permitan a consecución dos  obxectivos propostos para o restablecemento e mellora da súa saúde.

Equipo de profesionais

  • supervisora da  área funcional
  • 1 enfermeira/o
  • 3 auxiliares psiquiátricas

 

Situación
Hospital Nicolás Peña

Responsable
Montserrat Burgos Hernández

Teléfono
986 219 000 Ext 219 177

Email
atencionusuario.chuvi
@sergas.es