Unidade de quirófano H. Xeral-Cíes 

Hospital Cíes

Unidade de Quirófanos 

Nesta  unidade aténdense doentes que serán intervidos cirurxicamente polos servizos de oftalmoloxía, uroloxía, xinecoloxía, cirurxía xeral, neurocirurxía, otorrinolaringoloxía, traumatoloxía, cirurxía pediátrica, cirurxía vascular e dermatoloxía. 

O equipo asistencial de enfermaría xestiona os  coidados dos doentes  en   todos os niveis de atención bio-psico-social, valorando as súas necesidades no quirófano para establecer as actividades que permitan a máxima seguridade e intimidade durante todo o proceso, e acadar a consecución dos  obxectivos propostos de  restablecemento e mellora da súa saúde.

Unidade de esterilización

A unidade de esterilización é unha unidade de apoio no proceso asistencial, e unha unidade provedora de servizos directamente relacionada coa actividade cirúrxica e o control da infección, a través dos procesos de recepción, lavado, esterilización e recepción do material cirúrxico.

Equipo de profesionais  

  • supervisora da  unidade
  • 10 enfermerias/os
  • 4 auxiliares de enfermaría

 

 Hospital Xeral 

Unidade de Quirófanos 

Nesta área aténdense doentes que se van someter a unha intervención cirúrxica polos servizos de xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, cirurxía xeral, cirurxía ortopédica e  traumatoloxía, cirurxía vascular, cirurxía torácica, pediatría e neurocirurxía, cirurxía plástica, uroloxía, oftalmoloxía e cirurxía cardíaca.

O equipo asistencial de enfermaría xestiona os  coidados dos doentes  en   todos os niveis de atención bio-psico-social, valorando as súas necesidades e realizando as actividades  necesarias para preservar a súa intimidade, e procurar a máxima seguridade durante todo o proceso; para acadar a consecución dos  obxectivos propostos de  restablecemento e mellora da súa saúde.

Equipo de profesionais 

  • supervisora da  unidade
  • 2 enfermeiras axudantes de supervisión
  • 49 enfermeiras/os
  • 23 auxiliares de enfermaría 

Dispón doutro persoal de apoio que realiza a súas funcións exclusivamante na área cirúrxica: celadores, persoal de limpeza.

 

Situación
Hospital Cíes
planta 2

Responsable
Margarita Graña Blanco

Teléfono
986 816 000 Ext 215 300

Situación
Hospital Xeral
planta 0 
Teléfono
986 816 000 Ext 215 933

Hospital Xeral
planta 1 área cirúrxica
Teléfono
986 816 000 Ext 216 119

Responsable
Elena Surís Barandón 

Email
atencionusuario.chuvi
@sergas.es