Unidade de Reanimación planta 1ª H. Xeral 

Nesta  unidade aténdense doentes que operados polos servizos de cirurxía de calquera especialidade  e doentes que precisan de técnicas radiodiagnósticas, sedación e tamén técnicas de  fecundación in vitro, electroshocks, colocación de catéteres, estabilización de doentes que están en shock e doentes politraumatizados. 

O equipo asistencial de enfermaría xestiona os  coidados dos doentes  en   todos os niveis de atención bio-psico-social, valorando as súas necesidades para establecer plans de coidados que permitan a consecución dos  obxectivos propostos para o restablecemento e mellora da súa saúde.

Equipo de profesionais 

  • supervisora da  unidade
  • 37 enfermeiras/os
  • 24 auxiliares de enfermaría  

Situación
Hospital Xeral
planta 1

Responsable
María Lendoiro Rodríguez

Teléfono
986 816 000 Ext 264 800

Email
atencionusuario.chuvi
@sergas.es