Unidade de Coidados Intensivos Infantís

Nesta  Unidade aténdense doentes tratados  polo servizo de pediatría desde 1 mes ata os 14 anos, que demandan os coidados  asistenciais propios dunha unidade  dotada  do material axeitado e persoal cualificado para a vixilancia  e  monitorización continua dos doentes.

O equipo asistencial de enfermaría xestiona os  coidados dos doentes  en   todos os niveis de atención bio-psico-social, valorando as súas necesidades para establecer plans de coidados que permitan a consecución dos  obxectivos propostos para o restablecemento e mellora da súa saúde.

Equipo de profesionais

A  Unidade está formada polos  seguintes  profesionais

  • Supervisora da  Unidade
  • 12 Enfermeiras/os
  • 9 Auxiliares de enfermaría

 

 

Situación
Planta 3ª H. Xeral

Responsable
Mª del Pilar Lugo Ramos

Teléfono
986 816 000 Ext 216 150

Email
atencionusuario.chuvi
@sergas.es